Xóvenes investigadores na clase de matemáticas
Todos os días xorden dúbidas na clase sobre temas descoñecidos e de moito interese. Algúns deles se poden investigar dunha forma tan sinxela como traballar cun buscador na web.
Unha laboura investigativa o alcance de calquera de nos, e que nos vai reportar unha agradable sensación de autoaprendizaxe.
Para mostra, queda eiquí unha colección de pequenos misterios que cada día nos abordan na clase de matemáticas:
1. Falamos de cantos calendarios coñecemos que se empreguen no mundo actual, e un deles é o chino. Investigamos e descubrimos que estamos no ano da rata e que o7 de Febreiro foi o ano novo. Pero…¿cal e a data do día de hoxe no calendario chino lunar?
2. Unha de números. “N” de naturais, pero “Z” de enteiros e “Q” de racionais ¿Cal é a razón de que lle chamemos así?
3. As hora sempre é importante. Todos vivimos baixo o seu control pero ¿cal e o reloxo universal baixo o cal se toma ahora máis precisa? é decir….¿cal é o reloxo máis puntual do mundo?
4. Tócanos a estatística e falamos da orixe do termoen relación co”estado” e a necesidade de procesar e traballar cos datos. Pero ¿cales son os organismos oficiais en España, en Galicia e en Europa que se encargan das estatísticas? Busacamos o nome completo, as siglas e a sua web.
5. Mañá é outro día…….

